Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Saviñao

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave avícola para ceba de polos na Broza.

José Manuel López Rodríguez, en representación de Avícola das Mámoas, S.C. solicitou licenza municipal para a construción de nave avícola para ceba de polos que se situará na Broza, polígono 71, parcela 71.

En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O presente anuncio servirá de notificación a todos aqueles lindeiros aos cales non se puido practicar a notificación, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O Saviñao, 12 de marzo de 2012.

Joaquín González González
Alcalde