Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

EDICTO (22/2008).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 22/2008 que se tramita por instancia de José Olavaria Sánchez, en representación de Flex Equipos de Descanso, S.A., para a concesión da licenza de apertura e funcionamento de almacén de tránsito de colchóns e complementos, que se instalará na parcela A-1, naves 11 e 12, do polígono industrial de Bergondo deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste concello co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teña por conveniente.

Bergondo, 2 de marzo de 2012.

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa