Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1279/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1279/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Digna María Castiñeira Rama contra a empresa Mercado Tropical, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 2012.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, vistos estes autos número 1279/2011, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento por instancia de Digna María Castiñeira Rama, asistida e representada polo graduado social Pablo Castro Wagner, contra Mercado Tropical, S.L., que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Digna María Castiñeira Rama fronte á empresa Mercado Tropical, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento producido con data de efectos do 30 de setembro de 2011, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibiu ata a data da notificación desta sentenza, descontando os devengados durante o período de tempo en que a demandante permaneceu en situación de incapacidade temporal.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 209,57 euros.

En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 18,47 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 2.475,87 euros».

E para que sirva de notificación a Mercado Tropical, S.L., en paradoiro descoñecido advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial