Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Luns, 2 de abril de 2012 Páx. 11771

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2012 pola que se nomea profesorado contratado doutor (CD1102).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 27 de outubro de 2011 (DOG do 10 de novembro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7.ª da convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato polas persoas interesadas, que deberán efectuarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 12 de marzo de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1

Código

CD1102-H03-370-CD-01

Corpo

Profesor/a contratado/a doutor/a

Área de coñecemento

A-370 Filoloxías galega e portuguesa

Departamento

H03 Filoloxía galega e latina

Centro de traballo

301 Facultade de Filoloxía e Tradución-Vigo

DNI

32816232-Q

Nome e apelidos

M.ª Teresa Bermúdez Montes