Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11139

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1279/2009).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1279/2009 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1279/2009, sendo demandante Alberto José Vázquez Vila, representado pola letrada Sra. Vázquez Méndez, e demandada a empresa Tecnialcor, S.L.; foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Alberto José Vázquez Vila contra Tecnialcor, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Alberto José Vázquez Vila a cantidade de 2.714,51 euros que lle debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Tecnialcor, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial