Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11137

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1436/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 1436/2009 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1436/2009, sendo demandantes José María Santos Rodríguez e Jorge Ramón Blanco Chao, representados polo letrado Sr. Orantes Canales, e demandadas as empresas Arco Área de Comunicación, S.A. e Farmacom Comunicación Global, S.L., foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por José María Santos Rodríguez e Jorge Ramón Blanco Chao contra as empresas Arco Área de Comunicación, S.A. e Farmacom Comunicación Global, S.L. e, en consecuencia, condeno estas últimas a lle aboar a José María Santos Rodríguez a cantidade de 7.331,04 euros e a Jorge Ramón Blanco Chao a suma de 6.143,63 euros que debe, cantidades estas que se deberán incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Arco Área de Comunicación, S.A. e a Farmacom Comunicación Global, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial