Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (241/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 16 de febreiro de 2012, no proceso seguido por instancia de Paula Castro Porteiro contra a empresa Confecciones Teruca, S.L., e administración concursal de Confecciones Teruca, S.L., en reclamación por despedimento rexistrado co número 241/2011, se acordou notificar á empresa Confecciones Teruca, S.L. a seguinte sentenza:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Paula Castro Porteiro contra a empresa Confecciones Teruca, S.L., en situación de concurso, con intervención do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e extinguida a relación laboral na data desta resolución, condenando a empresa a que lle aboe unha indemnización de 11.455,50 euros máis 5.040,75 euros por salarios de tramitación ata o día 13 de maio de 2011.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación da sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación á empresa Confecciones Teruca, S.L. en ignorado paradoiro, expídese esta edicto para a súa colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial