Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Xoves, 29 de marzo de 2012 Páx. 11140

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (7/2010).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 7/2010 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 7/2010, sendo demandante Eduardo García Rodríguez, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, e demandada a empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Eduardo García Rodríguez contra JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Eduardo García Rodríguez a cantidade de 527,02 euros que lle debe, cantidade esta que se deberá incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial