Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10203

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (77/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social n.º 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 77/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Jorge Nieto Villar contra a empresa Funeraria Atlántica, S.L. e Fernando Madriñán Vázquez, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, vinte e un de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 77/2011 seguidos por instancia de Jorge Nieto Villar, asistido polo letrado Miguel Nouche Ferreira, Funeraria Atlántica, S.L. e Fernando Madriñán Vázquez, incomparecidos, sendo o obxecto da reclamación despedimento; e

Decido que, estimando a demanda interposta por Jorge Nieto Villar contra a empresa Funeraria Atlántica, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 10.916,03 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, que ascende a 46,95 euros diarios, con absolución de Fernando Madriñán Vázquez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Madriñán Vázquez, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 5 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial