Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10205

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (721/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento 721/2009, deste xulgado do social, seguidos por instancia de Iván Batalla Friáns, contra a empresa Jomavasa Arzúa, S.L., sobre cantidade, se ditou a seguinte sentenza con data 24.2.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo parcialmente a demanda interposta por Iván Batalla Triáns fronte a Jomavasa Arzúa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a Jomavasa Arzúa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.964,70 euros, máis o 10% da dita cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Jomavasa Arzúa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial