Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10206

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (525/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 525/2011 deste xulgado do social seguido por instancia de Francisco Javier Fernández Seoane contra a empresa Viproga, S.A., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 156/11.

En Santiago de Compostela o 18 de xullo de 2011.

En virtude do poder conferido pola Constitución e en nome do rei Amelia María Cortizo Moure, xuíza substituta servindo no Xulgado número 3 do Social desta cidade, ditou esta resolución no procedemento ordinario número 525-2011 que versa sobre reclamación de salarios entre partes:

Demandante. Francisco Javier Fernández Seoane asistido da letrada Sra. Blanco Pena.

Demandado. A entidade Viproga, S.A., que non comparece malia estar debidamente citada.

Resolvo que, con estimación da demanda presentada por Francisco Javier Fernández Seoane fronte á empresa Viproga, S.A., debo condenar e condeno a esta entidade a que faga efectiva ao demandante a cantidade de 4.608,45 euros polos conceptos expresados na demanda.

A devandita cantidade verase incrementada nunha recarga do 10% por mora.

Notifíquese ás partes.

Advírtolles ás partes que:

– Contra esta sentenza poden anunciar recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por conduto deste Xulgado do Social número 3 no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza.

– Nese momento deberán designar letrado ou graduado social colexiado que se encargará da súa defensa na tramitación do recurso que anuncia.

– No caso de que quen pretenda interpoñer recurso non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, no momento de anunciar o recurso e no prazo de cinco días sinalado, consignar a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista na clave de expediente 5076 0000 65 0525 11. No momento de formalizar o recurso de suplicación deberá achegar xustificante acreditativo de que depositou a cantidade de 150 euros na conta deste órgano xudicial, expediente 5076 0000 34 0525 11, aberta no Banco Español de Crédito, co número 0030 1846 42 0005001274, debendo facer constar no campo observacións a indicación de depósito para a interposición de recurso de suplicación.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Viproga, S.A., expido e asino este edicto.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial