Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 23 de marzo de 2012 Páx. 10201

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3029-2009 RF).

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3029-2009 RF.

Nas actuacións de recurso de suplicación 3029-2009 RF a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 624/2008 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Construcciones R. Abilleira, S.L., David Castro López, sobre incapacidade temporal, con data 24 de febreiro de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Sentenza do 31 de marzo de 2009 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia de David Castro López contra a recorrente e contra a entidade mercantil Construcciones Abilleira Sociedad Limitada, a sala decláraa firme.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones R. Abilleira, S.L., con último domicilio coñecido en Alba, A Cañota, 4, 36157 Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial