Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión dun parque de cultivo na ría de Ortigueira.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dun parque de cultivo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data 11.12.2009, María del Carmen Martínez López, con NIF 32617362-G, solicitou autorización para a transmisión de titularidade dun parque de cultivo con ocupación de 8.100 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. No expediente consta a seguinte documentación, referida ao resultado da información oficial:

– Con data 12.4.2011 a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar (Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño) emite informe favorable sobre a prórroga, a favor de Dolores López Martínez e M.ª del Carmen Martínez López, da concesión administrativa para a ocupación de 8.100 metros cadrados de terrenos de dominio público marítimo-terrestre con destino a parque de cultivo de moluscos, sito entre Pta. Promontoiro e Pta. do Cancho, marxe esquerda da ría de Ortigueira, Cariño (A Coruña), por un prazo que rematará o 29.7.2018, sen posibilidade de prórroga.

– Resolución do 19.5.2011, da Consellería do Mar, pola que se outorga prórroga da concesión administrativa, nos mesmos termos cos establecidos por Costas.

– Informe técnico positivo, do 18.7.2011, da Xefatura Comarcal de Ferrol da Consellería do Mar.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 16, do 24 de xaneiro), de delegación de competencias no secretario xeral técnico, nos secretarios xerais, directores xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común e na Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG n.º 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243, do 15 de decembro), así como polo disposto no Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María del Carmen Martínez López (NIF 32617362-G), da concesión administrativa do parque que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: parque de cultivo.

Localización: entre Pta. Promontoiro e Pta. do Cancho, marxe esquerda da ría de Ortigueira, Cariño (A Coruña).

Especies autorizadas: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) e berberecho (Cerastoderma edule).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 24.7.1968 (BOE n.º 190, do 8 de agosto).

Remate da vixencia: 29.7.2018.

Actuais titulares: Dolores López Martínez e M.ª del Carmen Martínez López.

Novo titular: María del Carmen Martínez López (NIF 32617362-G).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 3 de febreiro de 2012.

A conselleira do Medio Rural e do Mar
P.D. (Orden do 20.1.2012)
O xefe territorial
P.A. (Resolución do 25.1.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar