Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2012 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e tramitación urxente, da subministración de equipamentos de protección individual para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2012 (6/12-I) (expediente 3/12).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamentos de protección individual para o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia durante o ano 2012 (6/12-I).

c) División por lotes e número: si, 3. Lote 1. Un mínimo de 600 traxes de protección ignífugos. Lote 2. Un mínimo de 900 botas para brigadas e condutores de motobomba. Lote 3. Un mínimo de 1.500 luvas.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: lote 1: 35 días. Lote 2: 30 días. Lote 3: 30 días (ou o prazo menor ofertado polo licitador).

f) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 193.220,34 €, IVE (18%): 34.779,66 €. Importe total: 228.000,00 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 193.220,34 € euros (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano n.º 5-2.º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas); 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de oito (8) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781). Poderán envialo por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, edificio administrativo n.º 5-2.º andar (edificio dos espellos) San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, o décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Hora: 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2012.

P.D. (Orde 20.1.2012, DOG n.º 16, do 24 de xaneiro)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar