Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (974/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 974/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ángel Saavedra Gómez, José Luis Vázquez Bergondo contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Transfrinor, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jesús Ángel Saavedra Gómez e José Luis Vázquez Bergondo, contra Transfrinor, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transfrinor, S.L., a que aboe aos demandantes as cantidades que a continuación se explicitan, incrementadas nos xuros do 10% por demora e aplicable aos conceptos salariais:

A Jesús Ángel Saavedra Gómez, a cantidade de 12.098,63 €, por salarios dos meses de agosto de 2010 a febreiro de 2011, ambos os dous, inclusive pagas extras de marzo, verán e Nadal de 2010, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas.

A José Luis Vázquez Bergondo, a cantidade de 12.645,37 €, por salarios dos meses de agosto de 2010 a febreiro de 2011, ambos os dous, inclusive pagas extras de marzo, verán e Nadal de 2010, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, n.º 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario empresa Transfrinor, S.L, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

Secretaria xudicial