Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9338

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (RSU 1421/2008-MDM).

Sala do Social, secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e n.º de recurso: recurso de suplicación 1421/2008-MDM.

Nas actuacións de demanda/recurso de suplicación número 1421/2008-MDM a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 571/2007 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por Marcos Gómez Gallego contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a entidade Ascend RMM, S.L., e a mutua La Fraternidad-Muprespa, sobre incapacidade temporal, con data do 14 de decembro de 2011 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Silvia Rodríguez Fernández, na representación que ten acreditada de Marcos Gómez Gallego, contra a sentenza de data oito de xaneiro de dous mil oito, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo, en autos seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua de accidentes de traballo La Fraternidad e a empresa Ascend RMM, S.L., sobre extinción de prestacións de incapacidade temporal, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo, que se arquivará neste tribunal e incorporarase o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Ascend RMM, S.L., con último domicilio coñecido en Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial