Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9336

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3458/2010).

Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3458/2010, seguido por instancia de Norma Fernández Ramos contra a empresa Romaypiva, S.L. sobre incidentes de execución, o Tribunal Supremo ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Na Vila de Madrid, vinte e catro de xaneiro de dous mil doce. Vistos os presentes autos pendentes ante esta sala en virtude de recurso de casación para a unificación de doutrina, interposto por Norma Fernández Ramos, representada pola letrada Rosa María Tárrago Nesta, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 23 de febreiro de 2011 no recurso de suplicación número 3458/2010, formulado fronte ao auto do 23 de abril de 2010 ditado en autos 690/2008 polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, seguidos por instancia de Norma Fernández Ramos contra Ropaypiva, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento. Compareceu ante esta sala en concepto de parte impugnada a Administracion do Estado. É maxistrado relator Jesús Gullón Rodríguez».

«Decidimos: estimamos o recurso de casación para unificación de doutrina interposto por Norma Fernández Ramos, representada pola letrada Rosa María Tárrago Nesta, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 23 de febreiro de 2011 no recurso de suplicación número 3458/2010, formulado fronte ao auto do 23 de abril de 2010, ditado no procedemento 690/2008 polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, seguidos por instancia de Norma Fernández Ramos contra Ropaypiva, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento. Casamos e anulamos a sentenza impugnada, e resolvendo o debate formulado en suplicación estimamos o de tal clase interposto fronte ao auto do Xulgado do Social número 4 dos de Vigo do 23 de abril de 2010, para estimar a pretensión que se contén na demanda de execución para que se despache esta para os salarios de tramitación solicitados, comprendidos entre a data do despedimento, 21 de xullo de 2008, e a data da firmeza da sentenza de despedimento, 22 de abril de 2009, excluíndose os períodos en que a demandante traballou para outras empresas (57 días), o que supón a cantidade de 8.624,08 euros. Sen custas. Devólvanse as actuacións ao órgano xurisdicional correspondente, coa certificación e comunicación desta resolución. Así, por esta a nosa sentencia, que se inserirá na coleccion lexislativa, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma a Romaypiva, S.L. expido o presente.

A Coruña, 28 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial