Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9334

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1960/2008-MFV-A).

Nas actuacións número 1960/2008-MFV.A a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 651/2007 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra o Servizo Galego de Saúde, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua de accidentes de traballo Fremap, mutua de accidentes de traballo Fraternidade-Muprespa, Industrias Álvarez e Soyme Alyson, S.A., Mohamed Sidi Bouzeid, sobre accidente, con data do 27 de febreiro de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal: «Que estimamos o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo con data do 25-2-2008 e debemos revogar e revogamos a dita resolución desestimando a demanda inicial formulada por Mutua La Fraternidad contra o Servizo Galego de Saúde, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, mutua de accidentes de traballo Fraternidade-Muprespa, Industrias Álvarez e Soyme Alyson, S.A., Mohamed Sidi Bouzeid, por falta de acción.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta Sala número 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Mohamed Sidi Bouzeid, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial