Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9333

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2874/08 MRA).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2874/08 MRA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 835/2007 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Patricia Solla Fernández contra Mistralina, S.L., sobre reclamación de cantidade, con data 14.2.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Patricia Solla Fernández contra a sentenza de data 18.3.2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo no procedemento número 835-2007 sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Mistralina, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial