Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/122-2, 7958 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Inversiones Abuín 2, S.L.

Domicilio social: avda. Meridiana, 350, 4T, Barcelona.

Denominación: modificado distribución eléctrica interior na urbanización sector norte H polígono 1.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– L.M.T. soterrada a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha liña procedente da subestación de Lamas de Prado no límite interior da urbanización, entra e sae no C.T.1, entra e sae no C.T.2, entra e sae no C.T.3, entra e sae no C.T.4 e remata noutra liña procedente da subestación de Lamas de Prado no límite da urbanización, cunha lonxitude de 950 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– L.M.T. soterrada a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha cela de interruptor automático do C.T.1 e final nunha cela do C.T. MALL, cunha lonxitude de 15 metros en condutor R.H.Z.-240.

– C.T.1 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, dúas celas de protección de trafo, dúas celas de interruptor automático e tres celas con fusibles, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– C.T.2 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas celas de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 2×630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– C.T.3 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– C.T.4 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– C.T. MALL en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de medida e unha cela de interruptor automático, cunha potencia proxectada de 1.600 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T. con orixe nas pontes do C.T.1 e final no cadro de B.T. formado por dous condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240.

– R.B.T. con orixe nas pontes do C.T.2 e final no cadro de B.T. formado por tres condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240.

– R.B.T. en canalización proxectada con orixe nas pontes do C.T.3 e final no cadro de B.T. formado por tres condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 30 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-6, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 80 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-7, unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-240+150 de 240 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-4 e unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-95+50 de 20 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-5.

– R.B.T. en canalización proxectada con orixe nas pontes do C.T.3 e final no cadro de B.T. formado por tres condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 72 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-3, portal 1, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 200 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-3, portal 2, unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-150+95 de 290 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-1 e P1-2, dotacionais e unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-150+95 de 345 metros de lonxitude para alimentar as parcelas P1-9 e P1-10 dotacionais.

– R.B.T. con orixe nas pontes do C.T. MALL e final no cadro de B.T. formado por catro condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo