Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa de Maderas Cajaraville, S.L. da modificación substancial das súas instalacións de coxeración no concello de Teo. (Expediente IN408A 21/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Maderas Cajaraville, S.L.

Enderezo social: r/ Ponte Vea, s/n, Teo.

Denominación: modificación da instalación de coxeración.

Situación: Teo.

Características técnicas:

Sustitución dos motores de gasóleo por un motor-xerador de gas natural de 1.000 kW de potencia eléctrica e 400 V de tensión de xeración, acoplado a un transformador elevado existente de 1.600 kVA de potencia, relac. transf. 15/0,4 kV.

Utilización do C.T. existente de 160 kVA para servizos auxiliares de modificación dos circuítos de refrixeración térmica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG. n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial