Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:
Número: 5.224.
Nome: Valiñas.
Tipo de dereito: permiso de investigación.
Peticionario: Pizarras Valdacal, S.A.
Enderezo: A Medua, s/n, 32330 Sobradelo de Valdeorras (Ourense).
Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.
Cuadrículas: 2.
Recursos: substancias da sección C.
Concello: Carballeda de Valdeorras (Ourense).
Designación:
Vértice |
Lonxitude |
Latitude |
Pp |
6º 51’ 00” |
42º 24’ 00” |
1 |
6º 50’ 40” |
42º 24’ 00” |
2 |
6º 50’ 40” |
42º 23’ 20” |
3 |
6º 51’ 00” |
42º 23’ 20” |
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 4.º, 32003 Ourense, no prazo de trinta días.
Ourense, 25 de outubro de 2011.
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense