Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de xullo de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Alto do Rodicio (expediente IN661A 2007/02-3 A.T.).

1. Alcance da información pública. Lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A., de declaración de utilidade pública do parque eólico Alto do Rodicio.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Decreto 302/2001, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ao expediente polo sinalado na disposición transitoria cuarta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (DOG do 29 de decembro) e a Lei de expropiación forzosa do 16.12.1954 e o seu Regulamento do 26.4.1957.

2. Características do proxecto.

a) Peticionario: Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A.

b) Enderezo do peticionario: parque empresarial Novo Milladoiro, Oliveira, 96 B, 15895 Milladoiro, Ames (A Coruña).

c) Denominación: parque eólico Alto do Rodicio.

d) Situación: concellos de Montederramo e Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM:

Punto 1 (613.000, 4689000); punto 2 (612000, 4690000); punto 3 (612000, 4691000); punto 4 (615500, 4691000); punto 5 (615500, 4687000); punto 6 (615000, 4687000); punto 7 (615000, 4686000); punto 8 (614000, 4686.000); punto 9 (614000, 4689000).

e) Finalidade: produción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

– Conxunto de 7 aeroxeradores (G87) de 2.000 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 14 MW, equipados con turbina, multiplicador e xerador eléctrico situados no alto dunha torre de aceiro de 78 metros de altura, cimentada sobre zapata de formigón armado.

– Interconexión dos aeroxeradores con dous circuítos eléctricos enterrados, a 20 kV, independentes entre si, que transportan a enerxía ata a subestación transformadora, 220/20 kV do parque eólico de Sil; circuíto AR-1 (para os aeroxeradores números 7, 6 e 3) e circuíto AR-2 (para os números 5, 4, 2 e 1).

– C.T. que se instalará en cada aeroxerador de 2.300 kVA de potencia e R/T 0,69-0,48/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

– Sistemas de control e supervisión.

– Ampliación da subestación transformadora Sil 220/20 kV coa dotación dunha nova cela de liña a 20 kV, no módulo 1, que evacúa no transformador T-1, para o P.E. Nogueira de Ramuín. Conexión do P.E. Alto do Rodicio á cela de reserva no módulo 2. Implementación de aparellos de medida, mando, control e dispositivos de protección e seguridade correspondentes.

3. Urxente ocupación. A petición de declaración de utilidade pública presentada, ao abeiro do título IX da Lei 54/1997, levará implícito en todo caso, segundo o seu artigo 54, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados –os cales se describen na relación adxunta– e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examinar o expediente nas oficinas desta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, 1, 3.º, de Ourense, e presentar, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ao Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 21 de xullo de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file