Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/118-2, 7955 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: CPS Obras e Infraestructuras del Atlántico, S.L.

Domicilio social: lugar de Aian, Sigras, Cambre.

Denominación: L.M.T.S., C.S. e C.T. para o edificio da policía local en Lugo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– C.S. prefabricado tipo Ormazábal PF-15, no lindeiro da parcela, no cal se instalan dúas celas de interruptor-seccionador e unha de protección de fusibles.

– L.M.T.S. a 20 kV en canalización proxectada, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 70 metros en condutor R.H.Z.-95.

– C.T. en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de remonte, unha de protección de trafo, e unha cela de medida, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 15 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo