Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/23-2, 7992 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: NCG División Grupo Inmobiliario, S.L.

Domicilio social: avda. Linares Rivas n.º 30, planta 3.ª, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. para alimentar a edificio na avda. Breogán n.º 23.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar o C.T. proxectado avda. Breogán, 23, entre o C.T. Baloira e o OCR Orquídea 2, cunha lonxitude de 220 metros en condutor novo e 110 metros de condutor recuperados en obra tipo R.H.Z.-240.

– C.T. avda. Breogán, 23, en edificio non prefabricado, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final nas CXP do edificio que se vai electrificar en condutor tipo R.Z.1-K(AS).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo