Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9206

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1123/2010).

Ana González González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que neste procedemento de divorcio 1223/2010 se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Vistos os autos n.º 187/2011 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Outeiriño Míguez, en nome e representación de María Pilar Rivera González, como demandante, asistida polo letrado Sr. Molinos, fronte a Rafael Manuel Salgado Conde, que foi declarado en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución

Acordo a disolución do matrimonio formado por María Pilar Rivera González e Rafael Manuel Salgado Conde, con todos os efectos legais inherentes a esa disolución.

Non se impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra ela cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

Unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

E dado que o demandado Manuel Salgado Conde está en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 2 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado