Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9204

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (1794/2009).

Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de xuízo ordinario 1794/2009-L, seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a Textil Os Arapos, S.L., Diego Fraga Bello e Verónica Bello Cedeira, se ditou sentenza do seguinte teor literal:

«Sentenza 104/2011.

Procedemento xuízo ordinario 1794/2009-L.

A Coruña, 26 de maio de 2011.

Vistos por María Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario 1794/2009, seguidos en virtude de demanda presentada pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco Santander, S.A., baixo a dirección letrada de Jorge Castro Díaz, contra Textil Os Arapos, S.L., Diego Fraga Bello e Verónica Bello Cedeira, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolución

Debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Rodríguez Arroyo, en nome e representación de Banco Santander, S.A., contra a entidade Textil Os Arapos, S.L., Diego Fraga Bello e Verónica Bello Cedeira, en situación procesual de rebeldía, e debo condenar e condeno os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 85.529,61 euros, máis os xuros de demora pactados ao tipo do 29% e xerados desde o 28 de agosto de 2008 ata o seu completo pagamento.

Todo isto con imposición aos demandados das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación, que se deberá preparar no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación. Deberá acreditar que consignou o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Así o acordo, mando e asino. María Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña».

E dado que o demandado Luis Miguel Martínez Galindo está en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 15 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado