Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9208

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1429/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co número 1429/2009 foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reintegro de prestacións 1429/2009, sendo demandante a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, coa representación da letrada Sra. Llan Lodos, e demandados Naracumbera de Construcciones, S.L., así como o Instituto Xeral da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. Suárez Herva.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Naracumbera de Construcciones, S.L., así como contra o Instituto Xeral da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e, en consecuencia, declaro a responsabilidade directa e principal da empresa Naracumbera de Construcciones, S.L. no aboamento da prestación de IT satisfeita ao traballador Aurel Iván Iván por accidente de traballo, así como a subsidiaria do INSS e da TXSS, e condeno a empresa Naracumbera de Construcciones, S.L. ao aboamento a favor da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo da cantidade de 1.128,10 euros, con responsabilidade subsidiaria do INSS, por insolvencia da empresa, así como da TXSS como fondo de reaseguro.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Narancumbera de Construcciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial