Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1079/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1079/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Beatriz Binagui Ramírez contra a empresa Catch Tapea, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, catorce de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 1079/2010 seguidos por instancia de Leticia Beatriz Binagui Ramírez, asistida polo letrado Sr. Güemed Abad, contra Catch Tapea, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación resolución de contrato e salarios; e

Decisión:

Que, considerando a demanda interposta por Leticia Beatriz Binagui Ramírez contra a empresa Catch Tapea, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que lle aboe unha indemnización de 1.248,04 €, máis 3.621,61 € por falta de aboamento de salarios pendentes, máis, respecto desta cantidade, o xuro do 10% por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a Catch Tapea, S.L., expido a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial