Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8674

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Por Resolución do 24 de novembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, ábrese o prazo para a inscrición nas listas para vinculacións temporais ás categorías seguintes do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade:

1. Grupo auxiliar da función administrativa.

2. Persoal de servizos xerais.

3. Celador/a.

Na dita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 15.1.2012 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución, ben que por aplicación do disposto no artigo 48.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este prazo se ampliou ata a data do 16.1.2012.

Unha vez comprobados os datos correspondentes aos requisitos, e logo do acordo no seo da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Selección Temporal, subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., Cemsatse, CIG, CSIF, UGT e USAE, publicado no DOG n.º 89, do 9 de maio de 2011, mediante Resolución conxunta do 26 de abril de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, procédese a dar publicidade das persoas admitidas e excluídas na dita xeración de listas.

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expediente na epígrafe de procesos.

A documentación correspondente á formación ou titulación exixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte a este anuncio, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes teñan producido.

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 16.1.2012, polo que sairán na seguinte xeración de lista, de acordo co pacto citado.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos