Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8678

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (770/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber, que no proceso seguido por instancia de Eva María González Calvo contra Cubiasfalt, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 770/2009, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o 31 de xaneiro de 2012.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 770/2009 seguidos por instancia de Eva María González Calvo, representada pola letrada Eva María González Calvo, contra Cubiasfalt, S.L. e Fogasa, que non compareceron, sendo o obxecto da reclamación salarios; e

Decido que estimando a demanda interposta pola demandante Eva María González Calvo, debo condenar e condeno a empresa Cubiasfalt, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.347,32 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Cubiasfalt, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial