Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8679

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (638/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 638/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María del Carmen Pardo Rodríguez contra a empresa Luis Manuel García Rodellino, Mutua Intercomarcal, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Sergas, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, trece de febreiro de dous mil doce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 638/2010 seguidos por instancia de María Carmen Pardo Rodríguez, asistida polo letrado Sr. Vázquez López contra o INSS e TXSS, representados pola letrada Sra. Regueira Rodríguez; Mutua Intercomarcal, representada polo letrado Sr. Márquez Pérez; Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo Sr. Estébanez Juega; Sergas e Luis Manuel García Rodellino, que non compareceron, sendo o obxecto da reclamación determinación de continxencia; e

Decido que, logo de desestimación da excepción de defectuoso esgotamento da vía administrativa previa, debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Carmen Pardo Rodríguez contra o INSS, TXSS, Sergas, Mutua Intercomarcal, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Luis Manuel García Rodellino, e absolvo os demandados dos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Luis Manuel García Rodellino, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial