Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8563

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan as axudas correspondentes ao Programa Reencontros na Terra, para residentes no exterior, e se convocan as correspondentes ao ano 2012.

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Comunidade Autónoma a que lle corresponden, entre outras, as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que desenvolve o artigo 7 do Estatuto de autonomía de Galicia, onde se establece o dereito das comunidades galegas de fóra de Galicia a colaboraren e compartiren a vida social e cultural do pobo galego.

A teor do establecido no parágrafo anterior, a Secretaría Xeral da Emigración desenvolve anualmente, entre outros, programas que permiten o achegamento a Galicia e á súa realidade actual de maiores pertencentes ás colectividades galegas do exterior con escasos recursos económicos.

Neste contexto enmárcase esta resolución pola que se convoca o programa de viaxe a Galicia Reencontros na Terra-ano 2012, que permite a emigrantes galegos maiores de 65 anos, residentes en América e con baixos recursos económicos, reencontrarse coa terra que os viu nacer.

A disposición adicional segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, desconcentra no secretario xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e a resolución das axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

En virtude do exposto, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, naqueles preceptos que sexan básicos, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na normativa que a desenvolve,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria.

Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas en especie correspondentes ao Programa Reencontros na Terra para o ano 2012, que ten por finalidade o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia, e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

A dita resolución de convocatoria rexerase polas bases reguladoras establecidas no anexo I da Resolución da Secretaría Xeral da Emigración do 28 de decembro de 2010, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das subvencións do Programa Reencontros na Terra para residentes no exterior (DOG n.º 3, do 5 de xaneiro de 2011).

Artigo 2. Prazas convocadas e datas de realización.

2.1. Prazas convocadas.

A asignación do número de prazas, realizada en función das necesidades reais e das demandas constatadas nos diferentes países, queda fixada para o ano 2012 do seguinte xeito:

Países N.º de prazas

Arxentina 82

Brasil 8

Cuba 7

Uruguai 35

Venezuela 4

Outros países 2

Total 138

As prazas que queden vacantes, ata un máximo dun 25% do total das 138 prazas, poderanse distribuír proporcionalmente entre aqueles países que teñan un maior número de solicitudes admitidas en relación ás prazas ofertadas.

2.2. Datas de realización.

As persoas beneficiarias deste programa viaxarán a Galicia preferentemente no mes de outubro.

Artigo 3. Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para estes programas será de corenta días contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 4. Financiamento.

Trátase de axudas en especie e consecuentemente non supoñen contabilización de gasto. Os servizos que se prestan nesta convocatoria serán obxecto de licitación, de acordo coa normativa de contratos do sector público.

Artigo 5. Desenvolvemento.

O secretario xeral da Emigración poderá ditar todas as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta convocatoria e das súas bases reguladoras.

Artigo 6. Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

J. Santiago Camba Bouzas
Secretario xeral da Emigración

missing image file
missing image file
missing image file