Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8381

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (204/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 204/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Dopacio López contra a empresa Talleres Unimar, S.L.A., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Carlos Dopacio López exíxelle ao empresario Talleres Unimar, S.L.A. o cumprimento da obriga de readmisión, e despachado auto de execución do 26.2.2012, de conformidade co artigo 278 da LPL, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, para o día 23 de marzo de 2012 ás 9.50 horas. De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Prevencións legais:

1. A non comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL).

2. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.2 LPL).

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con dez días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL).

3. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

4. Debe comunicar a esta oficina xudicial calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso (artigo 155.5, parágrafo 1.º, da LAC).

5. Tamén deberá comunicar, antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que é convocado (artigo 183 LAC).

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Unimar, S.L.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 16 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial