Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8380

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (784/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 784/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Soto Novo contra a empresa Mobles Casman, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda interposta por Alejandro Soto Novo contra a empresa Mobles Casman, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.489,89 en concepto de salarios impagados, máis o 10% de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario, a empresa Mobles Casman, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial