Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (775/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que a sentenza ditada o día 31.1.2012 no proceso seguido por instancia de Begoña Viñán Becerra e Zherezade Pombo Orgueira, contra o Fogasa e a empresa Mawerpur, S.L., e en reclamación por salarios, rexistrado co número 775/2009, acordouse notificar á empresa Mawerpur, S.L., a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución di o seguinte:

«Número de autos: demanda 775/2009.

Na cidade da Coruña o trinta e un de xaneiro de dous mil doce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes Zherezade Pombo Orgueira e Begoña Viñán Becerra, que comparecen asistidas do letrado Federico Novo Pinilla, e doutra como demandada Mawerpur, S.L., que non comparece, malia estar citada en forma, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Eva Bajo Lera.

Decido que, estimando a demanda interposta polas demandantes Begoña Viñán Becerra e Zherezade Pombo Orgueira, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Mawerpur, S.L., a que aboe a cada unha das demandantes a cantidade de 6.998,09 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Mawerpur, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de febreiro de 2012.

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial