Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8178

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección Terceira)

EDICTO (483/2008).

Modelo: 132.

N.I.G.: 15030 37 1 2008 0001472.

Peza: recurso de apelación 483/2008 v.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos.

Procedemento de orixe: menor contía 109/1996.

Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial substituta da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que no recurso de apelación 483/2008 foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva nos seus particulares oportunos literalmente din:

«Sentenza.

Presidente: Juan-Ángel Rodríguez Cardama.

Maxistrados: María-José Pérez Pena/Rafael-Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña o vinte de maio de dous mil dez.

Visto o presente recurso de apelación tramitado baixo o número 483/2008, pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores maxistrados que anteriormente se relacionan, interposto contra a sentenza ditada o 4 de xuño de 2007 nos autos de xuízo de menor contía, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, ante o cal se tramitaron baixo o número 109/1996, en que son parte:

A) Como apelantes, os demandantes:

a) Elena Otero Regueiro e José Blanco Otero, veciños de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de Queixeiro, lugar da Torre de San Bartolomeu, 2, como substitutos procesuais do inicialmente demandante Manuel Blanco Mirad, de igual veciñanza; que non compareceron nesta Audiencia.

b) Jesús Piñeiro Rodríguez, veciño da Capela (A Coruña), con domicilio na parroquia de Santiago da Capela, lugar das Neves, 63, que non compareceu ante esta Audiencia.

c) José-Juan Permuy Espiñeira, veciño de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de Queixeiro, lugar da Torre de San Bartolomeu, que non compareceu ante esta Audiencia.

d) Gonzalo Antón Alvariño, veciño que foi de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de San Fiz de Monfero, lugar do Regueiro, 2; falecido o 22 de xullo de 2009, sen que se regularizase a súa situación procesual.

e) Guillermo Romeu Blanco, veciño de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de San Fiz de Monfero, lugar dos Fornos; que non compareceu ante esta Audiencia.

f) Antonio-Javier Primoy Espiñeira, veciño que foi de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de Queixeiro, lugar da Torre de San Bartolomeu, 6; falecido o 16 de abril de 2008, sen que se regularizase a súa situación procesual.

Que manifestaron actuar en beneficio das comunidades de veciños das parroquias de San Fiz de Monfero e San Xurxo de Queixeiro.

B) Como apelados:

1.º Os demandados:

a) Amancio Rodríguez Fernández, maior de idade, veciño de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de San Fiz de Monfero, lugar de Coira, 3, que non compareceu ante esta Audiencia.

b) Divina-Esperanza Pérez Sanmartín, esposa do anterior, maior de idade, veciña de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de San Fiz de Monfero, lugar de Coira, 3, en situación procesual de rebeldía na instancia.

c) Os cónxuxes Celso López Martínez e Elena Martín Gómez, maiores de idade, veciños da Coruña, con domicilio na Coruña, rúa Marqués de Amboage, 12-6.º C, representados polo procurador Juan Lage Fernández-Cervera, baixo a dirección do avogado Inacio Fernández Lage.

d) José Trigo García, maior de idade, veciño que foi de Santiago de Compostela (A Coruña), con domicilio na rúa Madrid, 14-b, falecido no 24 de agosto de 2008, sen que se regularizase a súa situación procesual e que non compareceu ante esta Audiencia.

e) María Trigo García, maior de idade, veciña de Santiago de Compostela (A Coruña) con domicilio na rúa Pombal, 9, representada pola procuradora María del Pilar Castro Rey.

f) Clotilde Trigo García, maior de idade, incapacitada xudicialmente segundo se deduce dos autos, e da cal era titor José Trigo García, veciña que foi de Santiago de Compostela (A Coruña), con domicilio na rúa Pombal, 9-2.º, falecida o 16 de xaneiro de 2008, sen que se regularizase a súa situación procesual, declarada en rebeldía na instancia.

g) Jesús Trigo García, maior de idade, veciño de Carballo (A Coruña), con domicilio na parroquia de Lema, lugar da Pedra do Sal, Baldaio, en situación procesual de rebeldía na instancia.

h) Basilisa Trigo García, maior de idade, incapacitada xudicialmente, e da cal era titor José Trigo García, veciña de Coristanco (A Coruña), con domicilio na parroquia de Xaviña, lugar da Porcariza, en situación de rebeldía na instancia.

i) Eliseo Trigo García, maior de idade, veciño de Vigo (Pontevedra), con domicilio na rúa Calexón do Viso, 53-1.º, en situación procesual de rebeldía na instancia.

j) Antonio Trigo García, maior de idade, veciño de Dumbría (A Coruña), con domicilio na parroquia de San Martiño de Olveira, lugar de Olveira, en situación procesual de rebeldía.

k) Generoso Trigo García, maior de idade, que ao parecer é veciño de Mayague (Puerto Rico), con domicilio na urbanización Sultana, rúa Málaga 70, con nacionalidade de EE.UU., en situación procesual de rebeldía na instancia.

l) O fiscal.

2.º Os citados de evicción polos demandados José Trigo García e María Trigo García:

a) Administración xeral do Estado, representada e dirixida polo avogado do Estado.

b) Xunta de Galicia, representada polo letrado da Xunta de Galicia.

c) Deputación Provincial da Coruña, que non compareceu ante esta Audiencia.

d) Cándido Valiño Pedreira, maior de idade, veciño que foi da Coruña, que tivo o seu domicilio na rúa Payo Gómez, 16, falecido o 15 de marzo de 2007 sen que se regularizase a súa situación procesual, en situación procesual de rebeldía na instancia.

e) Carmen Santos Ogando, viúva do anterior, maior de idade, veciña da Coruña, con domicilio na rúa Rolda de Outeiro, 280, 5.º A, en situación procesual de rebeldía na instancia.

f) Os cónxuxes Andrés Panjón Rego e María del Carmen Piñeiro Miguélez, maiores de idade, veciños da Coruña, con domicilio na rúa Orzán, 57-8.º; ambos en situación procesual de rebeldía na instancia.

g) O xa mencionado Amancio Rodríguez Fernández e a súa esposa Divina-Esperanza Pérez Sanmartín, maior de idade, veciña de Monfero (A Coruña), con domicilio na parroquia de San Fiz, lugar de Coira, declarada en situación procesual de rebeldía na instancia.

h) Antonio López Sánchez, maior de idade, veciño que foi da Coruña, con domicilio na rúa Alfredo Vicenti, 26-4.º esquerda, falecido no 11 de novembro de 1999 sen que se regularizase a súa situación procesual, declarado en rebeldía na instancia.

i) María-Nilda López Fernández, maior de idade, veciña que foi da Coruña, con domicilio na rúa Alfredo Vicenti, 23-25, que faleceu o 9 de setembro de 1994, polo cal se emprazaron os seus herdeiros descoñecidos e incertos, tamén en situación procesual de rebeldía na instancia.

j) Carlos-Antonio López Fernández, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na rúa Manuel Azaña, 48-8.º C, en situación procesual de rebeldía na instancia.

k) María-Inés López Fernández, maior de idade, veciña da Coruña, con domicilio na rúa Oslo, 4-3.º E, en situación procesual de rebeldía na instancia.

l) Juan-Antonio-Pedro López Fernández, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na rúa San Isidoro, 46-5.º; ou na rúa Alfredo Vicenti, 26-4.º esquerda, en situación procesual de rebeldía na instancia.

m) Alejandro-Domingo López Fernández, maior de idade, veciño de Ames (A Coruña), con domicilio na parroquia de Ortoño, lugar de Bertamiráns, rúa Pedregal, 10, portal 3, 2.º G, en situación procesual de rebeldía na instancia.

3.º Os citados de evicción por Celso López Martínez:

a) Leonor Díaz Fernández, maior de idade, veciña que foi da Coruña, con domicilio na rúa Oriente, 9, falecida o 19 de agosto de 1999, en situación procesual de rebeldía na instancia.

b) Juan Couce García, maior de idade, veciño que foi de Neda (A Coruña), que faleceu, polo cal foron emprazados a súa viúva María-Oliva Espiñeira Couce, maior de idade, veciña que foi de Neda (A Coruña), con domicilio na avenida de Santa María, 26-1.º, falecida o 11 de xullo de 2001 sen que se regularizase a súa sucesión procesual; e a súa filla María-Dolores Couce Espiñeira, maior de idade, veciña de Neda (A Coruña), con domicilio na avenida de Algeciras, 28-2.º, ambas en situación procesual de rebeldía.

c) Manuel Ramos Antón, maior de idade, veciño que foi de Cabanas (A Coruña), que faleceu, polo cal se emprazaron as súas fillas Antonia Ramos Fernández, maior de idade, veciña de Ferrol (A Coruña), con domicilio na rúa da Igrexa, 176-178, 3.º; e María-Manuela Ramos Fernández, maior de idade, veciña da Capela (A Coruña), con domicilio na parroquia de Santiago da Capela, lugar das Neves, ambas en situación procesual de rebeldía na instancia.

d) María Ramos Antón, maior de idade, veciña que foi de Neda (A Coruña), que faleceu, polo cal se emprazaron os seus fillos, Manuela Fraga Ramos, maior de idade, veciña de Neda (A Coruña), avenida Médico Cabreiro, 17; e José-Ramón Fraga Ramos, maior de idade, veciño de Ferrol, con domicilio na rúa Río Porto, 19-21, 1.º D, ambos en situación procesual de rebeldía na instancia.

4.º Os demandados contra os cales se ampliou a demanda:

a) Pablo Rodríguez Regueiro, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

b) José Blanco Prieto, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

c) Arturo Otero Regueiro, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

d) Gumersindo Antón, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

e) José Piñeiro Sardiña, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

f) Manuel Permuy Espiñeira, que na realidade se chamaría Manuel Primoy Espiñeira, falecido, e pai do demandante Antonio-Javier Primoy Espiñeira.

g) Ramón Ramos Permuy, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

h) Domingo Antón García, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

i) Manuel Blanco Regueiro, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

j) Juan Couce García, quen en realidade é o causante do demandado Celso López Martínez, casado con Elena Martín Gómez, e que foi citado de evicción.

k) Manuel Varela Novo, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

l) María Blanco Freire, cuxa existencia real non consta, emprazada por edictos e declarada en rebeldía na instancia.

m) Antonio Regueiro Miraz, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

n) Leonor Díaz Fernández, que en realidade é causante de Celso López Martínez, e foi citada de evicción.

o) José Díaz Rodríguez, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

p) Gumersindo Couce Novo, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

q) José Espiñeira Novo, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

r) José Seijo Couce, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

s) Fermín Faraldo Novo, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

t) Genoveva Fernández Martínez, cuxa existencia real non consta, emprazada por edictos e declarada en rebeldía na instancia.

u) Luis Rodríguez Regueiro, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

v) Ramón Regueiro Sanjuán, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

w) Antonia Otero Prieto, cuxa existencia real non consta, emprazada por edictos e declarada en rebeldía na instancia.

x) Pablo Rodríguez Romero, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

y) José Blanco Prieto, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

z) Arturo Otero Regueiro, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

a’) José Espiñeira Viñas, cuxa existencia real non consta, emprazado por edictos e declarado en rebeldía na instancia.

Versan as actuacións sobre declaración de que determinados montes teñen o carácter de veciñais en man común, sitos no concello de Monfero (A Coruña), parroquias de San Xurxo de Queixeiro e San Fiz de Monfero, lugares da Torre de San Bartolomeu, Os Fornos e O Regueiro; e subseguinte nulidade radical dos títulos de dominio que sobre determinadas parcelas destes poidan deter os demandados, téndose fixado unha contía de 22.659.060 pesetas.

«Decidimos:

Desestimando o recurso de apelación interposto en nome de Elena Otero Regueiro e José Blanco Otero (como sucesores procesuais do demandante Manuel Blanco Mirad), Jesús Piñeiro Rodríguez, José-Juan Permuy Espiñeira, Gonzalo Antón Alvariño, Guillermo Romeu Blanco e Antonio-Javier Primoy Espiñeira, contra a sentenza ditada o 4 de xuño de 2007 polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, nos autos do xuízo de menor contía seguidos co número 109/1996, pola súa instancia contra Amancio Rodríguez Fernández e Divina-Esperanza Pérez Sanmartín, Celso López Martínez e Elena Martín Gómez, José Trigo García, María Trigo García, Clotilde Trigo García, Jesús Trigo García, Basilia Trigo García, Eliseo Trigo García, Antonio Trigo García e Generoso Trigo García, tendo sido notificados de evicción a Administración xeral do Estado, Xunta de Galicia, Cándido Valiño Pedreira, Carmen Santos Ogando, Andrés Panjón Rego, Carmen Piñeiro Miguélez, Amancio Rodríguez Fernández, Divina-Esperanza Pérez Sanmartín, Antonio López Sánchez, María-Nilda López Fernández, Carlos-Antonio López Fernández, María-Inés López Fernández, Juan-Antonio-Pedro López Fernández, Alejandro-Domingo López Fernández e Deputación Provincial da Coruña, Juan Couce García, Manuel Ramos Antón e María Ramos Antón; e téndose ampliado a demanda posteriormente contra Pablo Rodríguez Regueiro, José Blanco Prieto, Arturo Otero Regueiro, Gumersindo Antón, José Piñeiro Sardiña, Manuel Permuy Espiñeira, Ramón Ramos Permuy, Domingo Antón García, Manuel Blanco Regueiro, Juan Couce García, Manuel Varela Novo, María Blanco Freire, Antonio Regueiro Miraz, Leonor Díaz Fernández, José Díaz Rodríguez, Gumersindo Couce Novo, José Espiñeira Novo, José Seijo Couce, Fermín Faraldo Novo, Genoveva Fernández Martínez, Luis Rodríguez Regueiro, Ramón Regueiro Sanjuán, Antonia Otero Prieto, Pablo Rodríguez Romero, José Blanco Prieto, Arturo Otero Regueiro e José Espiñeira Viñas, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución e impomos á parte apelante as custas desta alzada.

Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela podería interporse recurso de casación, no termo de cinco días hábiles, contando desde o seguinte á notificación, por escrito e para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; debendo acreditarse que previamente se constituíu un depósito polo importe de cincuenta euros (50 €) na conta de depósitos e consignacións desta sección, na entidade Banco Español de Crédito, S.A., coa clave 1524 0000 12 0483 08.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza, xulgando definitivamente. Seguen as sinaturas».

E para que sirva de notificación aos que se mencionan na alínea b) como apelados:

– 1.º, demandados-apelados: f) Clotilde Trigo García, i) Basilisa Trigo García, l) Generoso Trigo García.

– 2.º, citados de evicción polos demandados José Trigo García e outra: d) Cándido Valiño Pedreira, h) Antonio López Sánchez, i) María-Nilda López Fernández, n) Alejandro-Domingo López Fernández.

– 3.º, citados de evicción por Celso López Martínez: a) Leonor Díaz Fernández, b) Juan Couce García, polo seu falecemento a súa viúva María-Oliva Espiñeira Couce e a súa filla María-Dolores Couce Espiñeira.

– 4.º, demandados contra os cales se ampliou a demanda: Pablo Rodríguez Regueiro, José Blanco Prieto, Arturo Otero Regueiro, Gumersindo Antón, José Piñeiro Sardiña, Manuel Permuy Espiñeira, Ramón Ramos Permuy, h) Domingo Antón García, i) Manuel Blanco Regueiro, j) Juan Couce García, k) Manuel Varela Novo, l) María Blanco Freire, n) Antonio Regueiro Miraz, ñ) Leonor Díaz Fernández, o) José Díaz Rodríguez, p) Gumersindo Couce Novo, q) José Espiñeira Novo, r) José Seijo Couce, s) Fermín Faraldo Novo, t) Genoveva Fernández Martínez, u) Luis Rodríguez Regueiro, v) Ramón Regueiro Sanjuán, w) Antonia Otero Prieto, x) Pablo Rodríguez Romero, y) José Blanco Prieto, z) Arturo Otero Regueiro, e a’) José Espiñeira Viñas,

Todos os mencionados en situación procesual de rebeldía.

E para que sirva de notificación en forma aos arriba indicados, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto na Coruña o vinte e un de xullo de dous mil dez.

A secretaria xudicial