Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8160

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 8 de febreiro de 2012 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 7.2.b) do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG n.º 213, do 3 de novembro de 2008), e en uso das atribucións conferidas no mesmo artigo do dito convenio, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a el o persoal laboral fixo que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto. Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria, a consellería procederá, no prazo de tres días, a separar o adxudicatario do posto convocado, o cal disporá, para tomar posesión, dun prazo de tres días se o destino do novo posto radica na mesma localidade da residencia habitual, ou dun mes se radica en localidade distinta e supón un cambio efectivo de residencia debidamente xustificada do traballador/a. Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo para a toma de posesión o persoal está gozando dun período de licenza, vacacións ou permiso, o cómputo destes comezará ao día seguinte ao da reincorporación ao posto de traballo.

O prazo posesorio considerarase, para todos os efectos, como de servizo activo.

Sétimo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO I

Denominación do posto: director/a centro educativo.

Código: TR.C99.40.301.15001.001.

Dependencia: Centro de Menores San José de Calasanz.

Localidade: A Coruña.

Grupo: I/II.

Categoría: 1, 6, 11/1, 6, 17.

C. singularidade: 5.891,40 €.

Observacións: B10//B18.

missing image file