Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8163

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se corrixe a Resolución do 14 de febreiro de 2012, pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de profesorado contratado doutor (CD1201).

Advertido erro na publicación da Resolución do 14 de febreiro de 2012 (DOG do 24 de febreiro), da Universidade de Vigo, pola que se convocan prazas de profesorado contratado doutor (CD1201), cómpre facer a seguinte corrección.

Na base 3.2.,

Onde di:

«Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente n.º 2091-0501-64-3110000201, Nova Caixa Galicia, OP-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas».

Debe dicir:

«Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente n.º 2080-0501-1231-1000-0112, Nova Galicia Banco, OP-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas».

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo