Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8164

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (67/2011).

No presente procedemento seguido a instancia de Josieli de Fátima Pereira Godoy fronte a Cristian de Carvalho Rocha e Ministerio Fiscal ditouse sentenza cuxo encabezamento e fallo son como segue:

«Sentenza número 227/2011.

Tribunal:

Presidente: Antonio J. Gutiérrez R. Moldes.

Maxistrados: Jaime Esain Manresa e Francisco Javier Romero Costas.

Na cidade de Pontevedra o 2 de xuño de 2011.

Vistos ante esta audiencia provincial, en grao de apelación, os autos de alimentos provisionais 784/2010, seguidos no Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, recurso de apelación (LAC) 67/2011; seguidos entre partes, dunha, como recorrente, Josieli de Fátima Ferreira, representada pola procuradora Patricia Conde Abuin, dirixida polo letrado Antonio Calvar Carballo; e doutra, como recorrido Cristian de Carvalho Rocha, sendo parte nos autos o Ministerio Fiscal. Actúa como relator Jaime Esain Manresa.

(Seguen os antecedentes de feitos e os fundamentos de dereito).

Resolvo que rexeitamos o recurso de apelación interposto pola representación de Josieli de Fátima Pereira Godoy, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, nos autos de alimentos provisionais n.º 784/2010, a cal confirmamos integramente, sen facerse pronunciamento nas custas da alzada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o/s recurso/s que cabe/n contra ela, e unha vez firme, expídase o seu testemuño que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos.

Notifíquese así mesmo esta resolución ao apelado rebelde, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E estando o dito demandado-apelado, Cristian de Carvalho Rocha, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 3 de xuño de 2011.

O/a secretario/a xudicial