Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7858

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lles outorga destino aos funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de xustiza (quenda libre) que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde XUS/1654/2010, do 31 de maio, no ámbito de Galicia.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, a Dirección Xeral de Xustiza resolveu adxudicarlles destino, nos órganos xudiciais e fiscais que se relacionan no anexo I, aos integrantes do corpo de xestión procesual e administrativa (quenda libre) nomeados funcionarios de carreira do corpo de xestión procesual e administrativa pola Resolución do 16 de febreiro de 2012, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino nesta resolución deberán tomar posesión do seu cargo ante o departamento territorial respectivo da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos seguintes enderezos, segundo a provincia onde estea radicado o órgano xudicial no cal obtivesen destino:

Departamento Territorial da Coruña

Servizo de Xustiza

Praza de Luís Seoane, s/n

Edificio admtvo. Monelos

15008 A Coruña

Departamento Territorial de Ourense

Servizo de Xustiza e Admón. Local

Paseo da Habana, n.º 79

32071 Ourense

Servizo Territorial de Vigo

Servizo de Xustiza

Rúa Concepción Arenal, n.º 8

36201 Vigo

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto, para o cal esta dirección xeral lles remitirá, coa suficiente antelación, aos servizos de Xustiza dos departamentos territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza cinco exemplares do acordo de nomeamento (documentos F1R).

Segundo. Non será necesario que os funcionarios destinados en virtude desta resolución que pertenzan xa ao corpo de tramitación procesual e administrativa ou ao de auxilio xudicial e que opten por continuar en activo nalgún dos devanditos corpos se despracen a tomar posesión ao departamento territorial correspondente; abondará con que dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro lle comuniquen á Dirección Xeral de Xustiza a dita opción, para os efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola cal se declaran en situación de excedencia voluntaria seralle remitida pola Dirección Xeral de Xustiza ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Medios Persoais ao Servizo da Administración de Xustiza.

Terceiro. No caso de que os funcionarios opten por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e queiran evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderán solicitar no departamento de persoal correspondente ao seu destino como funcionario do corpo de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous no caso contrario, agás aqueles que teñan que se desprazar desde Canarias, Illes Balears, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión do seu novo cargo.

Para o caso de que o funcionario que tome posesión nesta comunidade proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibiran o traspaso de medios persoais, a Dirección Xeral de Xustiza remitiralles o acordo de nomeamento dilixenciado aos ditos órganos para que procedan a concederlle de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa ou de auxilio xudicial, e o cesamento automático coa data do día anterior a aquel en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co fin de evitar a interrupción na percepción dos seus haberes.

Cuarto. Os funcionarios interinos que actualmente ocupen prazas que lles fosen adxudicadas aos aspirantes aprobados cesarán o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Quinto. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, e en virtude do artigo 498 da Lei orgánica do poder xudicial 6/1985, do 1 de xullo, reformada pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, aqueles participantes que posúan xa a condición de funcionarios de carreira deberán manifestar a súa opción no acto de toma de posesión.

Sexto. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa aos cales se lles outorga destino en virtude desta resolución, aínda que sexan destinados con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderán participar en concursos de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Sétimo. As prazas ofrecidas aos aspirantes mediante a resolución desta dirección xeral do 17 de xaneiro (BOE 30.1.2012) e non adxudicadas na presente resolución manteñen a súa condición de desertas.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2012.

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I
Adxudicación de destinos
Corpo xestión procesual e administrativa - quenda libre
Ámbito Territorial de Galicia

Núm.

orde

DNI

Apelidos

Nome

Destino adxudicado

Localidade

Provincia

1

46346043

Fraga Fernández

Concepción

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 3 (VSM)

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

2

34895451

Regueiro Vidal

María Inmaculada

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 1

Muros

A Coruña

3

36060267

Romero Barciela

María Denise

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 3 (VSM)

O Porriño

Pontevedra

4

33349988

Acebrás Dopacio

Tania

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 2

O Barco de Valdeorras

Ourense

5

32674507

Fernández Gundín

José Luis

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 1

Marín

Pontevedra

6

76728363

Freiría Aguiar

Leticia

Xdo. de Paz

Viana do Bolo

Ourense

7

32832142

Martínez Patiño

Paula María

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 1

Cambados

Pontevedra

8

36128180

Bóveda García

María

Xdo. 1.ª Inst. e Instr. n.º 1

Redondela

Pontevedra

Dirección Xeral de Xustiza

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela