Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7706

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (239/2011).

Eva Ortiz Suárez, secretaria do Xulgado de Instrución número 1 de Betanzos, certifica que no xuízo de faltas 239/11 se ditou a cédula de citación que literalmente di:

«Nas actuacións indicadas, iniciadas por denuncia de Adolfo Casal García, acordouse citalo a vostede co fin de que o próximo día trece de marzo ás dez trinta horas asista na Sala de Vistas 1 á realización do xuízo de faltas, seguido por danos, cuxos feitos aconteceron en Sobrado o día 13 de setembro de 2011, en calidade de denunciado. Deberá comparecer ao acto de xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse. Se se tratar, se é o caso, de persoa xurídica, deberao facer a través de representante legal, acreditando no acto do xuízo tal carácter. Poderá igualmente comparecer asistido de avogado se o desexa.

Advírteselle que, se reside/ten a súa sede ou local aberto neste termo municipal e non comparece nin alega causa xusta que llo impida, poderáselle impoñer unha multa de 200 a 2.000 euros. En caso de residir/ter a súa sede ou local/is fóra deste termo municipal non ten obriga de concorrer ao acto do xuízo, podendo dirixir escrito a este xulgado na súa defensa, así como apoderar avogado ou procurador para que presente no acto do xuízo as alegacións e probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

De conformidade co establecido no artigo 971 da Lei de axuizamento criminal, advírtese que a ausencia inxustificada do denunciado non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo sempre que conste que se citou coas formalidades prescritas nesta lei, a non ser que o xuíz, de oficio ou por instancia de parte, crea necesaria a declaración daquel».

E para que conste e sirva de citación a José Ramón Carro Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido, para que compareza ante este xulgado o día trece de marzo ás dez trinta horas co obxecto de asistir ás sesións de xuízo de faltas en calidade de denunciado, baixo apercibimento de realizar o xuízo na súa ausencia.

Betanzos, 10 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial