Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7705

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (369/2011-T).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 10 de Vigo, polo presente,

Anuncio.

No presente procedemento de xuízo ordinario 369/2011-T seguido por instancia de Banco Santander, S.A. fronte a Ana M. González Fidalgo e Manuel Alejandro Rúa González ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do tenor literal seguinte:

«Sentenza. En Vigo o vinte e sete de xaneiro de dous mil doce. Ana AraceIi Muñoz Martín, maxistrada xuíza de Primera Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, despois de ver os presentes autos de xuízo ordinario 369/2011-T seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Banco Santander, S.A. con procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza e letrado José Iglesias Ares, e doutra, como demandados Manuel Alejandro Rúa González e Ana Margarita González Fidalgo, declarados en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte, e, decido estimando integramente a demanda interposta por Banco Santander, S.A. fronte a Manuel Alejandro Rúa González e Ana María González Fidalgo debo condenar e condeno a estes a aboar á parte demandante a cantidade de 9.455,08 euros máis os intereses de demora pactados así como ao pagamento das costas. Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial. Conforme á D.A. décimo quinta da L.O.P.J., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os devanditos demandados Manuel Alejandro Rúa González e Ana Margarita González Fidalgo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Vigo, 30 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial