Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7704

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Cuarta)

EDICTO de citación.

Notifícase a Saturninio Segade Costoya, con documento nacional de identidade número 34943102, que Antonio Berengua Mosquera, presidente da sección 4.ª da Audiencia Provincial de Pontevedra (rúa Rosalía de Castro, 5), foi designado instrutor no expediente disciplinario sancionador que a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia incoou, e que acordou citalo de comparecencia no devandito órgano xurisdicional no prazo de vinte días hábiles (que se iniciará coa publicación deste edicto no taboleiro de anuncios da Sección Consular da Embaixada de España en Brasil e no Diario Oficial de Galicia), co obxecto de recibilo declaración sobre os feitos que se lle imputan (abandono do servizo).

Pontevedra, tres de febreiro de dous mil doce.

Antonio Berengua Mosquera
Maxistrado instrutor