Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7506

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de febreiro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado Daniel Castelao, do concello de Vigo (Pontevedra).

O representante da titularidade do CPR Daniel Castelao, do concello de Vigo, solicita a modificación da autorización consistente na supresión dos ciclos formativos (LOXSE) de grao medio de CM Comercio (1 unidade), CM Equipos electrónicos de consumo (4 unidades) e CM Xestión administrativa (1 unidade); e dos ciclos formativos de grao superior de CS Información e comercialización turísticas (1 unidade) e CS Xestión comercial e márketing (1 unidade). Tamén solicita a autorización das seguintes ensinanzas: CM Instalacións eléctricas e automáticas, (programa de cualificación profesional inicial) PCPI Comercio, PCPI Informática, PCPI Servizos administrativos, PCPI Instalacións eléctricas e de telecomunicacións, e mais a educación secundaria para as persoas adultas.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

1. Suprimir os ciclos formativos (LOXSE) de grao medio de Comercio, Equipos electrónicos de consumo e Xestión administrativa; e os ciclos formativos de grao superior de Información e comercialización turísticas e Xestión comercial e márketing, no centro privado sinalado no punto 2.

2. Autorizar o ciclo formativo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas, e os programas de cualificación profesional inicial (PCPI) de Comercio, Informática, Servizos administrativos, Instalacións eléctricas e de telecomunicacións, e mais a educación secundaria obrigatoria para as persoas adultas, no centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Daniel Castelao.

Código do centro: 36011853.

Domicilio: García Barbón, 50, baixo, local 1.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Cebem FP, S.L.

Composición resultante:

– Quenda de mañá:

1 CM Xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Administración e finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 PCPI Informática (1 unidade).

1 PCPI Instalacións electrotécnicas e de telecomunicación (1 unidade).

1 PCPI Servizos administrativos (1 unidade).

1 PCPI Comercio (1 unidade).

– Quenda de tarde-noite:

1 CM Instalacións eléctricas e automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

1 CM Comercio (1 unidade para 30 alumnos/as).

1 CS Administración de sistemas informáticos en rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Educación secundaria para persoas adultas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Terceiro. Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria