Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7508

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 20 xaneiro de 2012 (DOG do 27 de xaneiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011, e de conformidade co establecido no artigo 6 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Por proposta do xurado de selección poderanse designar os especialistas necesarios para que asesoren o xurado de selección na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección:

Presidenta: Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Membros:

Marina Armada Vigo, xefa do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

José Antonio Jardón Bahía, xefe do Servizo da Xestión da Formación Profesional.

Jesús Manuel Rodríguez Buján, xefe do Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas.

Xosé Romarís Lens, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Jesús Álvarez Marcote, inspector de Educación.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de Educación.

Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Manuel Guerra Fernández, inspector de Educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de Educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Pilar Álvarez Martínez, profesora de ensino secundario.

Sonia García Novoa, profesora de ensino secundario.

Eva Piña Rodríguez, profesora de ensino secundario.

Carmen Rey Castro, profesora de ensino secundario.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que actuará con voz e sen voto.