Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 868/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 868/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Emilio Oliva López contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, cuxo fallo di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por Marcos Emilio Oliva López contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que o demandante foi obxecto con data do 29 de xuño de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución (25.11.2011) ao ter sido pechada a anterior entidade, condenando a entidade Técnica Instalaciones Coruña, S.L. e a súa administración concursal ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 12.892,8 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 50,56 euros diarios, e polo tanto 7.482,88 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., estendo e asino o presente na Coruña o 9 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial