Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7368

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (646/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 646/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adolfo Rolando Soria Diverio contra a empresa Promociones Pena del Salnés-Construcciones e outra, sobre procedemento ordinario, ditouse a seguinte sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Adolfo Rolando Soria Diverio, contra a entidade Promociones Pena del Salnés-Construcciones, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Promociones Pena del Salnés-Construcciones, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 7.612,93 euros brutos, polos salarios percibidos entre agosto e decembro de 2010, ambos os dous inclusive, e compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda en materia de cantidade que foi interposta por Adolfo Rolando Soria Diverio, contra Víctor Hugo Promociones y Asociados 2003, S.L., á que debo absolver do pedido na súa contra. Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Promociones Pena del Salnés-Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente na Coruña o nove de febreiro de dous mil doce.

A secretaria