Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (764/2011).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de Lorena Montes Pérez contra Lofi, C.B. e Josefa Castro García, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 764/2011 acordouse citar a Lofi, C.B. e Josefa Castro García, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10.10.2012 ás 10.20 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na Sala de Vistas deste Xulgado do Social número 1 sito na rúa Armando Durán, 1, 4.º, de Lugo. Deberán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Lofi, C.B. e Josefa Castro García, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial