Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (982/2011).

Rafael González Alió, secretario do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido a instancia de María Jesús Gómez Vázquez contra Lofi, C.B. e Josefa Castro García, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 982/2011, acordouse citar a Lofi, C.B. e Josefa Castro García, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 19.12.2012 ás 10.30, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na Sala de Vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na rúa Armando Durán, 1, 4.º, Lugo. Deberán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 8 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial